Os valos protectores da ponte das Correntes, arranxados

Pontevedra
29 de novembro 2014

Foi unha substitución parcial xa que só se actou nos valos que estaban danados, xa que a grande maioría estaban en bo estado. O arranxo non obrigou a suspender ou desviar o tráfico

Escenificación da Plataforma Moteira pola Seguirdade Vial na ponte das Correntes Mónica Patxot

Os valos protectores da rotonda da ponte das Correntes na avenida Domingo Fontán xa están arranxadas. O Concello de Pontevedra deu por rematada esta semana a reparación do petril.

Os traballos comezaron o luns 24 de novembro arranxando os distintos valos protectores que estaban en mal estado debido aos reiterados accidentes de tráfico que se viñan producindo na zona. A Plataforma Moteira pola Seguridade Vial tamén denunciou a situación por los riesgos que suponen para los motoristas.

Foi unha substitución parcial xa que só se actuou nos valos que estaban danados, xa que a grande maioría estaban en bo estado. O arranxo non obrigou a suspender ou desviar o tráfico.

Ao respecto, recordan nun comunicado que non é a primeira vez que o Concello ten arranxado estes valos para garantir a seguridade de todos os condutores que empregan esta ponte para entrar ou saír da cidade.