Os veciños de Mollabao insisten nas súas protestas para reclamar a reforma do barrio

Pontevedra
09 de febreiro 2019

Un grupo de veciños concentrouse este sábado baixo a ponte da autoestrada, onde se despregou unha pancarta co lema "¡Lores! Mollabao 20 años abandonao"

Protesta dos veciños de Mollabao
Protesta dos veciños de Mollabao / PontevedraViva

A petición de reforma do barrio de Mollabao xuntou este sábado a un grupo de veciños do lugar baixo a ponte da autoestrada, insistindo na súa reivindicación.

Alí despregouse unha pancarta co lema '¡Lores! Mollabao 20 años abandonao', en alusión ao papel do goberno local que, lembran desde a plataforma veciñal, presentou "hace dos años" un proxecto reforma integral do barrio "y desde entonces en firme no hay nada más".

Con esas palabras expresou o portavoz veciñal, Juan Sáenz-Díez, o sentir dos veciños.

"Tenemos la firme convicción de que si nosotros no insistimos el Concello no mueve ni un papel", sinalou  Sáenz-Díez, que avanza que seguirán coas protestas.

O portavoz do colectivo engadiu ademais que "no estamos pidiendo que nos hagan un parque de ocio, que nos hagan la Warner, lo únido que pretendemos es tener aceras, zonas ajardinada o instalaciones deportivas".