O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía asinaron este luns un convenio para o desenvolvemento de seis acciones de internacionalización financiadas con fondos europeos e con orzamento total que ascende 117.720 euros.
Este convenio permitirá ás adegas acceder ao cofinanciamento ofrecido por FEDER, que alcanza un 80% dos gastos de viaxe para que poidan participar nunha misión inversa de empresarios e distribuidores de países europeos; unha misión directa a Europa e a promoción en catro espazos para expoñer os seus produtos en Cancún, Riviera Maya, Londres e República Dominicana. Estas actividades desenvolveranse ao longo deste ano.
O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, agradeceu este acordo á Cámara polo feito de que "ampliasen o seu apoio a outras actividades promocionais no exterior porque é fundamental para o noso sector, cuxas cifras de exportación non pairan de crecer".
Pola súa banda, José García Costas destacou que a cámara que preside "seguirá apostando con todos os seus recursos por impulsar a internacionalización das nosas empresas".
Este acordo reedita outros asinados en exercicios anteriores e completa outras accións realizadas conxuntamente co Consello Regulador no seo do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), cofinanciado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.