Os Xeves e Verducido, primeiras parroquias en contar con composteiros individuais

Pontevedra
07 de febreiro 2017

Un total de 8.000 módulos individuais de compostaxe repartirá o Concello de Pontevedra entre as vivendas do rural. Con eles, segundo os cálculos realizados para o plan de residuos que elabora a Deputación, cubriranse as necesidades de todas as parroquias

Composteiro comunitario en Cabaleiro (Campañó)
Composteiro comunitario en Cabaleiro (Campañó) / Mónica Patxot

Un total de 8.000 módulos individuais de compostaxe repartirá o Concello de Pontevedra entre as vivendas do rural. Con eles, segundo os cálculos realizados para o plan de residuos que elabora a Deputación, cubriranse as necesidades de todas as parroquias.

Os técnicos municipais traballan xa na elaboración dos pregos que rexerán esta contratación, que supoñerá un investimento próximo aos 800.000 euros. Inicialmente, o despregamento destes compostieros preténdese comezar en Santa María de Xeve, San Andrés de Xeve e Verducido.

A concelleira responsable do servizo de limpeza e recollida de lixo, Carme da Silva, explicou que o Concello prevé adquirir a cantidade de composteiros que o plan recomenda para o rural pontevedrés, aínda que non se entreguen na mesma anualidade debido á contía do contrato.

Iso si, a intención do goberno municipal é introducir nestes pregos que a empresa que forneza os composteiros tamén se encargue da súa distribución no rural.

Da Silva avanzou que non pode adiantar datas de cando se realizará o despregamento destes módulos individuais de compostaxe, pero comezará en todo caso este mesmo ano.