Outubro a 30 graos nas Rías Baixas

Pontevedra
04 de outubro 2023

As previsións de MeteoGalicia agardan para este venres 6 de outubro temperaturas máximas de ata 31 graos nas Rías Baixas. A cifra, anormalmente alta para esta época do ano, confirma unha tendencia dos últimos días nos que Pontevedra entrou no mes de outubro con ata 33 graos e xornadas de sol e praia

Xornada de sol na praia de Silgar
Xornada de sol na praia de Silgar / Mónica Patxot

As previsións de MeteoGalicia agardan para este venres 6 de outubro temperaturas máximas de ata 31 graos nas Rías Baixas. A cifra, anormalmente alta para esta época do ano, confirma unha tendencia dos últimos días nos que Pontevedra entrou no mes de outubro con ata 33 graos e xornadas de sol e praia.

Na recta final da semana, agárdase unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, con temperaturas máximas que serán para este mércores de 28 graos, para o xoves chegarán aos 27 e o venres deixará eses valores de máis de 30.

As temperaturas serán altas para as mínimas e moi altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e as máximas con ese ascenso moderado a medida que avanza a semana. 

Durante as xornadas deste mércores 4 e o xoves 5, haberá néboas nocturnas.  

De cara á fin de semana, Galicia mantense na influencia do anticiclón, polo que a probabilidade de chuvia será moi baixa.

As temperaturas continuarán sen cambios significativos mantendo valores altos para a época do ano.