Manuel "Pachi" Reigosa gañou as eleccións a reitor da Universidade de Vigo. O catedrático de Bioloxía Vexetal, á fronte da candidatura Horizonte 2040, fixo pleno sendo o aspirante máis votado polos estudantes, docentes e persoal de administración.
Pachi Reigosa anunciou que a vicerrectoría do campus de Pontevedra estará ocupada por Jorge Soto Carballo.
Reigosa fixo unha campaña moi crítica coa xestión do goberno saínte, liderado por Salustiano Mato.
O seu programa electoral aposta por investir "máis en persoas e menos en ladrillo", prometendo unha maior contratación, reducir a carga docente, a captación de alumnado e a revisión de proxectos herdados.