A xunta directiva da Anpa do colexio Álvarez Limeses, celebrou este luns unha asemblea xeral extraordinaria na que se aprobou por unanimidade dos asitentes, a presentación do recurso contencioso administrativo contra o Concello de Pontevedra.
En concreto, van contra as bases e resolución da Concellería de Educación de concesión de subvencións a asociacións e federacións de nais e pais de centros públicos de Pontevedra durante o curso escolar 2013-2014, segundo informou a directiva da Anpa nun comunicado difundido entre os medios.
A Anpa desde centro escolar no que estudan 450 alumnos de infantil e primaria tamén aprobou por unanimidade o traslado á fiscalía da actuación da autoridade política e dos técnicos municipais "por se na súa actuación puidera derivarse un presunto delito de prevaricación".
A directiva da Anpa dispón ainda de mes e medio para poder acudir ao xulgado, tendo en conta que o prazo é de 6 meses a contar dende o pasado mes de novembro, cando presentaron o recurso de reposición ao que no contestou o Concello.