Para a CIG, "ENCE ten un problema, que é a ubicación"

Pontevedra
27 de agosto 2015

Marcos Conde recordou este xoves que o sindicato aposta polo peche de todos os procesos produtivos das empresas, pero, no caso de Ence, insiste en que é necesario o seu traslado da súa situación actual. É unha postura que asegura que "temos clara"

Camión de madeira entra a Ence / ARQUIVO
Camión de madeira entra a Ence / ARQUIVO / Mónica Patxot

O sindicato CIG mantén a mesma postura sobre a fábrica de Ence en Lourizán "dende hai anos" e non a cambiou a raíz dos últimos movementos da emrpesa de aumentar o equipo nin ante a inminencai do fin da concesión da pastera para a súa situación actual, o ano 2018. O seu secretario comarcal, Marcos Conde, mantén que "Ence ten un problema que é a situación".

Conde recordou este xoves que o sindicato aposta polo peche de todos os procesos produtivos das empresas, pero, no caso de Ence, insiste en que é necesario o seu traslado da súa situación actual. É unha postura que asegura que "temos clara".

Fronte á aposta doutros sindicatos pola permanencia da pastera, CIG alíñase máis coa postura que manteñen partidos políticos como o BNG, o PSdeG-PSOE ou Marea Pontevedra, a favor de que se busque outra situación. Así o reiterou este xoves Marcos Conde nunha comparecencia no Concello de Pontevedra unha vez que, por primeira vez, o Concello e a Deputación coinciden na mesma postura e anuncian un frente común e unha mobilización social contra a pasteira.

Conde manifestou que lle "alegra" que a empresa aumentase a empresa nos últimos tempos, unha información que saíu á luz nas últimas horas, pero cre que non cambia a súa postura, senón que o debate "que está na sociedade" o que ten no trasfondo é a situación da pastera.