O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, explicou este martes en Sanxenxo a posición da súa formación política frente ao "golpe de estado" que, ao seu xuízo, o PP está xestando na localidade para que Telmo Martín volva ser alcalde deste concello. A "automoción de censura" de SAL, o que ata agora era o grupo de goberno é "un caso único no mundo" e exemplifica "o xeito en que goberna o PP en todos os sitios".
Villares compareceu nunha rolda de prensa na vila turística xunto a María José Rodríguez, Samuel Castro e Marcos Cal.
Segundo Luís Villares esta operación para colocar de novo a Telmo Martín como alcalde "era un golpe de estado no que participaban de xeito claro Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda".
Villares sinalou que "só coa connivencia da Xunta de Galicia" pode Telmo Martín "prometer obras que son de financiación autonómica".
Neste sentido o voceiro de En Marea preguntou si a Xunta financia as obras "en función da cor política dos seus alcaldes" e si o Executivo galego estaba "esperando ao cambio de alcalde" para atender as necesidades da cidadanía de Sanxenxo.
O voceiro de En Marea apuntou que "a única rexeneración" para o Partido Popular "é que os seus dirixentes vaian entrando nos cárceres", sentenciou.
Para En Marea o resultado deste cambio no goberno municipal suporá "máis corrupción en Sanxenxo e volver aos pelotazos urbanísticos doutra época", segundo dixo Samuel Castro quen lembrou que son "moitas as denuncias nas que se viu implicado o que será novo alcalde".
Neste senso, para o deputado de En Marea Marcos Cal "a biografía de Telmo Martín explica cales son as súas motivacións para estar na política", remachou.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.