Para Esperanza Rosales 102 anos non son nada: "Aún soy joven, me queda mucho por vivir"

Pontevedra
03 de febreiro 2014

Aos seus 102 anos recoñece sentirse "aún muy joven", aínda que recentemente sufriu un racho nun tendón dunha das súas pernas e cústalle andar. "Sino bailaba hasta una jota", explicaba entre risas. Pero iso non limitou a súa independencia. "Ahora utilizo una silla de ruedas, pero la manejo yo sola", afirma orgullosa. E o seu día a día na residencia non se resentiu en absoluto, xa que "sigo haciendo la misma vida que antes"

Esperanza Rosales foi recibida polo alcalde con motivo do seu 102 aniversario
Esperanza Rosales foi recibida polo alcalde con motivo do seu 102 aniversario / PontevedraViva

"Me arrastraron hasta aquí, yo no quería venir", recoñecía Esperanza Rosales Cambra nada máis chegar ao Concello de Pontevedra. Pero ao pouco tempo a súa visita, dixo, valera a pena. "Me alegro de que me hayan traído", explicaba tras concluír o seu encontro co alcalde. ÿ unha das usuarias máis queridas da Residencia da Terceira Idade de Campolongo. Todo o mundo coñécea e respéctaa "porque se hace querer", afirman os seus compañeiros.

Aos seus 102 anos recoñece sentirse "aún muy joven", aínda que recentemente sufriu un racho nun tendón dunha das súas pernas e cústalle andar. "Sino bailaba hasta una jota", explicaba entre risas. Pero iso non limitou a súa independencia. "Ahora utilizo una silla de ruedas, pero la manejo yo sola", afirma orgullosa. E o seu día a día na residencia non se resentiu en absoluto, xa que "sigo haciendo la misma vida que antes".

Leva 20 anos na residencia pontevedresa. Malia ser natural de Tui namorouse da cidade de Pontevedra "y aquí estaré hasta que me quede bajo tierra". Iso si, asegura que "ansias de irme no tengo". Ata os 105 anos chegou a máis persoa máis longeva que se recorda en Pontevedra, apuntoulle o alcalde. "Yo pido un poco máis", afirmaba Esperanza. "Escuché de una señora que llegó a los 120, aún me queda mucho por vivir".

E é que malia a súa idade, a súa actividade diaria é envidiable. Levántase entre as 5 e as 6 de madrugada e tras arranxar ela mesma o seu dormitorio dúchase e deixa o baño "impecable". Baixa a almorzar sobre as 9 da mañá e antes de "ver algo la televisión" reza o rosario na capela da residencia. Despois de comer non perdoa a sesta, hábito do que lle esperta Sálvame (Telecinco) "el programa ese en donde se tiran todos de los pelos, se pelean y critican a todo el mundo".

"Si yo tuviese el mando lo prohibiría", asegura moi seria. Ela di preferir o programa Entre todos, de TVE, "donde se pide para los necesitados" e, especialmente, os documentais de La 2 "aunque a veces los quito porque me dan pena los animalitos esos a los que atacan y se los comen, sufro mucho". Esa é unha das características que destacan dela os seus compañeiros. "Se preocupa por todo el mundo. Hasta hace poco nos acompañaba a todos al médico", din.

ÿ sempre moi activa nas actividades do centro. "Por las noches siempre juego dos partidas a las cartas, aunque siempre me ganan", explica mirando aos compañeiros que lle acompañaban nesta visita, José Ramón López e Paulino González. E como lle encanta o teatro participa sempre que pode nas representacións que se organizan na residencia. "Tiene una vitalidad asombrosa", aseguran as súas cuidadoras.

E iso que a súa vida non foi fácil. Emigrou a Arxentina con apenas 28 anos. Alí coñeceu ao seu marido, un coruñés que frecuentaba o Centro Galego de Bos Aires. Ela traballaba nun laboratorio e ambos rexentaban varios negocios. Durante as súas primeiras vacacións en Galicia déronlle a peor das noticias posibles. "A los quince días de estar aquí me dijeron que mi marido había aparecido muerto", recorda.

O seu marido foi asasinado por uns ladróns que entraron a roubar no seu apartamento na capital arxentina. "Cuando volví saqué tres calderos de sangre de la habitación", explicou a unha audiencia emocionada. Non puido quedarse moito máis tempo alí. "Alquilé los negocios y me fui a trabajar a la ciudad argentina de Córdoba, como ayudante de un médico". Pero pouco despois fixo as maletas e volveu á súa Galicia natal.

Agora asegura vivir "tranquila e feliz" cos seus compañeiros. E xa fai plans para seguir cumprindo anos "si Dios quiere, porque a mi ganas me sobran". Iso si, para os seus 103 anos será o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen a visite na residencia de Campolongo. Así llo prometeu. Foi xusto logo de darlle un gran e colorido ramo de flores que, desde hoxe, acompañaraa na súa habitación.