Para que o fresco só sexa o peixe

Pontevedra
08 de abril 2015

A Concellería de Promoción Económica formará aos consumidores na compra de produto fresco da Praza de Abastos. Trátase dun curso gratuíto, dirixido ao público, sobre peixe e marisco a cargo da cociñeira Elena Argüello

Praza de Abastos
Praza de Abastos / PontevedraViva
Carlota Román explica os motivos polos que se organiza o curso para clientes do Mercado de Abastos /

Aprender a diferenciar os produtos autóctonos dos foráneos no Mercado de Abastos, esta cuestión será unha das que se formule no curso gratuíto que se vai desenvolver nos próximos días 15, 16 e 17 deste mes na Casa da Luz a partir das 18 horas.

Na presentación, a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, recoñeceu que hai persoas que non se atreven a comprar pescado ou marisco na Praza de Abastos porque teñen dificultades para recoñecer a calidade dos produtos e descoñecen se se lles engana no momento da venda.

Por este motivo organízase esta iniciativa dirixida a clientes do mercado que perdan o medo a comprar produto fresco. A encargada de impartir as sesións será a cociñeira pontevedresa Elena Argüello, que durante a presentación do curso, indicou que ensinará trucos e habilidades para saber distinguir a calidade dos produtos. Analizarase o peixe, os moluscos e os mariscos e os diferentes métodos de cocción, conxelación e as especies máis apropiadas para cada época do ano.

A charla realízase nunha xornada pero ofrécese en tres convocatorias teóricas distintas coa intención de que se leve a cabo unha visita final á praza de Abastos durante o sábado 18 para comprobar de xeito práctico os conceptos aprendidos.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo apuntándose na Casa da Luz ou a través do teléfono 986 090 890. O curso limítase a un máximo de 60 prazas.