"Para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade"

Marín
18 de abril 2017

Coa intención de dar visibilidade e sobre todo concienciar ós donos dos cans que aínda non respectan o noso entorno e non cumpren coa ordenanza de tenenza de animais, dende o Concello colocáronse uns cubos disuasorios e de información

Campaña de responsabilidade na tenza de animais
Campaña de responsabilidade na tenza de animais / Concello de Marín

Coa intención de dar visibilidade e sobre todo concienciar aos donos dos cans que aínda non respectan o entorno e non cumpren coa ordenanza de tenenza de animais, dende o Concello colocaron uns cubos disuasorios e de información.

O obxectivo é que eses donos que non recollen os excrementos, que levan os cans soltos ou sen bozo sendo obrigatorio pola súa raza, ou sen microchip, entendan que esa actitude repercute en todos os veciños e na propia imaxe da vila.

Por eso insístese dende o Concello en que "para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade", para non manchar as rúas, para non provocar lesións noutros veciños ou para que se o can se perde e ten o microchip sexa fácil a localización do seu dono.

A Policía Local paralelamente realizou 161 controis, co obxectivo de informar, pedir colaboración e expoñer as obrigas dos donos para a mellorar a convivencia en espazos públicos, sobre todo os que son frecuentados por nenos e maiores. No control feito pola Policía Local durante unha serie de días, percíbese como a maioría dos donos son responsables.

Estos módulos informativos desprazaranse do parque Eguren á zona de xogos da avenida de Ourense, zona tamén moi frecuentada.