O sector do taxi na provincia de Pontevedra parou este mércores 29 de xaneiro secundando un paro nacional, de 11 a 13 horas.
Son vehículos que operan na capital pero tamén noutras localidades da contorna como Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, entre outros concellos.
A protesta incluíu unha concentración duns 60 vehículos ante a sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e está motivada polo encarecemento das pólizas de seguros, unha subida que cualifican como "abusiva".
Segundo explica o presidente da asociación de taxistas da provincia de Pontevedra, Javier Filgueira, esta subida dos seguros que cobren a súa actividade está a penalizar o sector do taxi: "pasamos de pagar 1.150 euros ao ano a 4.300 euros ao ser renovado e no caso dun taxi adaptado estamos a falar de 7 ou 8 mil euros. É algo inasumible, é un abuso total".
"As aseguradoras din que é porque damos máis sinistros pero é mentira. Non hai xustificación. É un abuso total", afirma Filgueira.
Por este motivo solicitan ao Goberno central que interveña limitando a subida das pólizas e garanta a estabilidade da profesión, que ven ameazada.
Tamén queren que se modifique o sistema de acceso ao Consorcio de Compensación de Seguros, que se encarga das pólizas denegadas polas aseguradoras, para que beneficie tamén a quen non pode pagar as renovacións dos seus seguros.
"Con estes incrementos que temos, tanto de seguros como de combustibles, costa bastante sacarlle rendibilidade ao taxi. Hai que dedicar bastantes horas de traballo", comenta Filgueira.
"Para nós é un gran pau. De feito, no rural hai compañeiros que están a pensar en deixalo" porque a situación é "inasumible" para os taxistas que traballan en pequenos concellos xa que "esta subida os afoga".

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Javier Filgueira e David Suárez

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi

Protesta do sector do taxi
