O parque infantil de Praceres, en pleno proceso de renovación

Pontevedra
03 de febreiro 2025
Actualizado: 04 de febreiro

A edil responsable do Rural, María José Abilleira, acudiu ao lugar para comprobar os primeiros avances destes traballos

Operarios arranxan o valado do parque de Praceres
Operarios arranxan o valado do parque de Praceres / Concello de Pontevedra

A edil do Concello de Pontevedra responsable do Rural, María José Abilleira, achegouse na mañá deste luns 3 de febreiro ata a parroquia de Lourizán para comprobar o estado do parque infantil de Praceres.

Alí observou o avance das obras que se acometen neste espazo.

Está prevista unha renovación que se inclúe dentro dun proxecto de mellora dos espazos infantís no rural pontevedrés. 

A concelleira comunicou que comezaron pola renovación deste espazo xa que é o que permanece en peor estado e adianta unha serie de melloras para a contorna.

Dentro desta iniciativa inclúe actuacións na cuberta da vía ferroviaria como no campo de petanca a petición das persoas residentes.

Tamén está previsto pechar unha zona de estancia por mor do presencia constante de automóbiles.

Esta obra no parque conta cun orzamento aproximado de 18.000 euros para a renovación da valado, os bancos interiores e os diferentes elementos para o xogo infantil.

Este proxecto plantexa a mellora de varios parques en zonas rurais de Pontevedra. Aparte desta, comezaron coas obras na zona de Marcón e o goberno local prevé continuar nas áreas de Tomeza e Ponte Sampaio.

Praceres 2
A concelleira visitaba o parque infantil de Praceres. Concello de Pontevedra