O vindeiro luns , 2 de febreiro, empezarán os traballos necesarios para reparar o desprendemento dun noiro que afectou ao paseo de Silgar, en Sanxenxo.
Os danos foron provocados polo paso das últimas borrascas que azoutaron Pontevedra esta semana.
Por motivos de seguridade, os traballos obrigan a cortar o tráfico no tramo de actuación, polo que se habilitou un plan alternativo que garanta a circulación con seguridade.
A partir do luns, se habilita desde a rotonda de Baltar un carril de entrada e saída até o Talaso Hotel Sanxenxo.
Os estacionamentos elimínanse temporalmente neste tramo e a saída do Paseo de Silgar por Rúa Vigo poderase seguir realizando como até agora.
Por motivos de seguridade, e para evitar o paso de peóns, desde un primeiro momento, valouse a zona e creouse un paso peonil alternativo.
Técnicos municipais e da Xunta de Galicia realizaron nos últimos días inspecciones da zona onde se acometerán os traballos. Acompañoulles o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.
Dado que o noiro se atopa en parte cuberto de vexetación, que impide visualizar o alcance dos desprendementos e dificulta as medidas a adoptar para garantir a estabilidade das terras, o Concello encargou a súa limpeza mediante medios mecánicos do noiro.
Desta forma, espérase establecer as medidas que será necesario adoptar para garantir a estabilidade do terreo e do viario que sostén.
Ao situarse dentro da servidume de Costas, o Concello xa procedeu de forma urxente a tramitar unha comunicación previa ante a Xunta de Galicia para realizar os traballos.