Paso firme dun Cuntis 'en negro' contra a violencia machista

Umia
25 de novembro 2019

A campaña Cuntis en negro polas violencias machistas tivo este luns 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, un dos seus principais actos cunha concentración diante da casa consistorial

Concentración en Cuntis contra a violencia machista
Concentración en Cuntis contra a violencia machista / Concello de Cuntis

A campaña Cuntis en negro polas violencias machistas tivo este luns 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, un dos seus principais actos.

Cunha concentración diante da casa consistorial, na que participaron máis medio cento de persoas, o municipio mostrou o seu rexeitamento á violencia que se exerce contra as mulleres.

O acto incluíu a lectura dun manifesto e con el concluíuse unha programación que pretendía concienciar e combater a violencia de xénero na sociedade actual.