Paté de berenxena e xoubiñas gourmet Pescamar

Pontevedra
25 de abril 2026

Unha receita ideal como aperitivo ou entrante, que combina a cremosidade das berenxenas co intenso sabor das xoubas en aceite de oliva da gama gourmet de Conservas Pescamar

Paté de berenxena Freepik

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva" da man de Conservas Pescamar.

Nesta ocasión, imos preparar unha receita ideal como aperitivo ou entrante, na que a suavidade da berenxena se fusiona co intenso sabor das deliciosas xoubiñas gourmet Pescamar para crear un paté cremoso, aromático e cheo de matices.

As xoubiñas destacan polo seu alto contido en proteínas de gran valor biolóxico, ácidos graxos Omega-3, ademais de minerais como calcio, fósforo e ferro, xunto con vitaminas do grupo B e vitamina D.

Xoubiñas en aceite de oliva gourmet de Conservas PescamarConservas Pescamar

Para preparar este delicioso Paté de berenxena e xoubas gourmet Pescamar para catro comensais necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de xoubiñas en aceite de oliva gourmet Pescamar
- 2 berenxenas medianas
- 1 dente de allo
- 1 cucharada de zume de limón
- 1 culler de aceite de oliva virxe extra
- Sal e pementa ao gusto
- Unhas follas de menta ou perexil fresco
- Pan de pita para acompañar

Preparación:

Lavamos as berenxenas, cortámolas pola metade e facemos uns pequenos cortes na pulpa. Asámolas no forno a 200ºC durante uns 30-35 minutos, ata que estean tenras. Deixamos amornar e extraemos a pulpa cunha culler.

Escorremos as dúas latas de xoubiñas en aceite de oliva gourmet Pescamar, reservando o aceite de oliva.

Nun vaso de batidora, incorporamos a pulpa das berenxenas, as xoubiñas, o allo, o zume de limón, o aceite de oliva virxe extra e unha culler do aceite reservado da lata de xoubiñas. Trituramos ata obter unha textura cremosa e homoxénea. Axustamos de sal e pementa.

Servimos o paté nun bol, decorado cunhas follas de menta ou perexil fresco, acompañado de pan de pita.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.