Pontevedra xa ten nova responsable provincial de Tráfico. Trátase de Paula Yubero Plaza, que tomou posesión da xefatura pontevedresa este mesmo luns, segundo informou a Subdelegación do Goberno.
Yubero, ata agora xefa provincial de Tráfico en Lugo, foi recibida pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
Nesta primeira reunión de traballo, Larriba desexoulle os maiores éxitos á fronte da súa nova responsabilidade nunha provincia, lembrou, que conta cunha importante rede de estradas.
A este respecto, a subdelegada pediulle un esforzo "extra" para reducir as cifras de sinistralidade que se rexistran na provincia.
O obxectivo debe ser, dixo, que a rede viaria de Pontevedra sexa un "exemplo de seguridade" para condutores e peóns.