Este martes 3 de febreiro comezan as obras de fresado e asfaltado na avenida de Bos Aires fronte á Ponte do Burgo (dirección Bos Aires Uruguai) e na avenida Uruguai, rotonda con Galera
As obras comezan a primeira hora da mañá co fresado na Avenida de Bos Aires, o que provocará o peche ao tráfico da Ponte do Burgo, restablecéndose o tráfico unha vez que se remate. A continuación comeza o fresado en Avenida Uruguai e rotonda con Galera (nunca antes das 09:30 horas para evitar o tráfico de entrada aos colexios), cortando un carril de entrada e outro de saída. Estará garantido o tránsito dos vehículos en ambos os dous sentidos.
O mércores iniciase o asfaltado. Pola mañá manterase o mesmo operativo que o día anterior cun carril operativo en ambos sentidos. O mércores pola tarde, a partir das 15 horas, pecharase ao tráfico a Avenida Bos Aires e Uruguai entre a Ponte de Santiago e a Ponte das Correntes, en ámbos os dous sentidos de tráfico. O tráfico procedente de Uruguai será desviado cara a Ponte das Correntes e Domingo Fontán. O tráfico procedente de Avenida Bos Aires cara a Uruguai será desviado por a Ponte de Santiago cara a Domingo Fontán.
A previsión é que queden rematas as obras o mércores. De non finalizar prolongarase ata o xoves, se ben non afectarán ao tráfico (a previsión é que en caso de non rematar o asfaltado, o xoves se traballaría fronte ao Ponte do Burgo, garantindo a circulación e o peche da Ponte do Burgo).