A Asociación Pedaladas organiza para este venres 20 de abril unha saída nocturna familiar en bicicleta, chamada Bici Lúa.
Esta actividade consiste nunha ruta de 8 quilómetros con saída e chegada na praza de España (de 21:00 a 22:15) ata San Benitiño de Lérez para gozar dun paseo de noite en bicicleta. O colectivo aproveitará o percorrido para reivindicar a necesaria mellora do carril bici de acceso a Monte Porreiro polas eivas de accesibilidade e seguridade viaria que presenta.
É unha ruta gratuita e aberta ao público, ata un máximo 50 participantes polo que é mellor reservar praza enviando un correo a [email protected] ou enviando unha mensaxe no seu perfil de facebook. É obrigatorio levar luces e que os menores vaian acompañados.
Xa o domingo 22 de abril co gaio do Día da Terra haberá unha saída cicloturista familiar para ver a primavera no Pazo de Lourizán. É unha ruta de 11 quilómetros con saída e chegada na praza de España (de 11:00 a 13:00) ata o Pazo de Lourizán para gozar dun paseo a ver o arranque da primavera nos xardíns do pazo.
Pedaladas aproveitará o percorrido para reivindicar a necesaria mellora dos accesos ao pazo pola PO-546 sacando o tráfico pesado da mesma permitindo a entrada ao complexo industrial de ENCE pola avenida de Marín. Tamén queren recordar o atraso que presenta o paseo peonil ciclista a Marín. Igual que a Bici Lúa, esta ruta e gratuíta e está aberta ao público, polo que é recomendable inscribirse con antelación.