Pepe Vieira presenta ao alcalde o proxecto de restaurante que abrirá na antiga Ferraxería Varela

Pontevedra
21 de xaneiro 2022

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este venres ao cociñeiro Pepe Vieira que se quixo achegar á Alcaldía para presentarlle persoalmente Fernández Lores o proxecto de restaurante que porá en marcha na cidade proximamente.

Pepe Vieira presenta ao alcalde o proxecto de restaurante que abrirá na antiga Ferraxería Varela
Pepe Vieira presenta ao alcalde o proxecto de restaurante que abrirá na antiga Ferraxería Varela / Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este venres ao cociñeiro Pepe Vieira que se quixo achegar á Alcaldía para presentarlle persoalmente Fernández Lores o proxecto de restaurante que porá en marcha na cidade proximamente.

O cociñeiro destacou especialmente o inmoble no que se vai a situar, a antiga Ferraxería Varela, na praza de Curros Enríquez. O alcalde coincidiu con el na importancia do proxecto para recuperar un edificio tan emblemático do centro histórico, e que axudará a revitalizar a praza, unha das máis céntricas da cidade.

O chef Pepe Vieira declarou a PontevedraViva, que abordar este proxecto "non foi fácil" porque se trata dun local moi grande e dun restaurante "moi ambicioso"

O novo restaurante, que prevé abrir as súas portas a finais de 2022, terá dous espazos diferenciados. A planta baixa será un lugar de "tapeo e cañeo desenfadado" con mesas altas e a zona superior, a máis nobre do edificio, a adega e o restaurante.

Entre ambos estará o "corazón" deste proxecto, unha cociña acristalada que se poderá ver desde todo o restaurante e desde a rúa. "Ese é o denominador común dos nosos restaurantes, que a xente poida entrar nas cociñas", destaca os seus responsables.

As circunstancias fixeron que este proxecto, que será a "guinda do pastel" para Pepe Vieira, xuntárase coa rehabilitación do Pazo da Buzaca ne Moraña, que o cociñeiro reservará para vodas e eventos e que "xa está case completo para todo 2022".

Isto provocará que estas celebracións deixen de facerse no restaurante de Raxó, que está en pleno proceso para converterse nun "hotel de natureza", un espazo que "por fin empeza a ser unha realidade" e que fará que Camiño da Serpe "colla máis forza".