Pequeno descenso de casos na área sanitaria, que segue por encima dos 3.000 e ten 4 pacientes máis no hospital

Pontevedra
29 de xullo 2021

Este xoves hai 39 pacientes hospitalizados, catro máis que o mércores, dos que seis están en UCI. Os casos activos son 3.005, 36 menos que o mércores. Nas últimas 24 horas confirmáronse 109 novos positivos e déronse 145 alta. En Galicia hai 18.776, 241 máis, tras confirmarse 1.077 novos positivos na última xornada 

Realización de test PCR
Realización de test PCR / Mónica Patxot

A presión asistencial aumenta na área sanitaria de Pontevedra e Salnés como resultado da maior incidencia da covid-19. Este xoves hai 39 pacientes hospitalizados, catro máis que o mércores, dos que seis están en UCI. 

Na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo hai, por tanto, un paciente máis con covid-19 que o día anterior. Os outros tres novos pacientes están ingresados en planta de hospitalización. Hai un total de 33, 23 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (un máis), 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez  (un máis) e 7 no Hospital do Salnés, así como 6 pacientes  COVID (un máis) .

O balance diario do Servizo Galego de Saúde confirma que hai outros 2.966 pacientes que permanecen en illamento no seu domicilio por ter poucos ou ningún síntoma. 

En total, os casos activos experimentan un lixeiro descenso, pasando a ser 3.005, 36 menos que o mércores, pero a área sanitaria mantense en cifras récord superiores a 3.000. 

Ademais, nas últimas 24 horas confirmáronse 109 novos positivos e déronse 145 altas. Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 15.571 pacientes. 

Ata o de agora confirmáronse na área sanitaria 182 vítimas mortais e realizáronse 274.213  probas  PCR. 621 delas realizáronse nas últimas 24 horas

EVOLUCIÓN EN GALICIA 

A nivel autonómico, este xoves hai 18.776 casos activos, 241 máis que a xornada anterior, tras confirmarse 1.077 novos positivos na última xornada e darse 834 altas.

Nos hospitais galegos hai 277 pacientes, 13 máis que o día anterior. Deles, 35 están en UCI, cinco máis que o mércores. Outros 242 están hospitalizadas en planta e 18.499 pacientes permanecen en corentena no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en Ourense (-14) e Pontevedra (-36) e soben no resto. En Ourense hai 2.209 tras confirmarse 113 novos positivos e en Pontevedra, 3.005 tras unha xornada con 109 novos casos confirmados.

Ademais, hai 4.412 casos activos en Vigo, 34 máis, tras confirmarse 153; 3.653 na Coruña, 123 máis tras unha xornada con 257 novos casos; 2.181 en Lugo, 81 máis, tras 153 novos; 921 en Ferrol, 36 máis, tras 67 casos novos; e 2.395 en Santiago e Barbanza, 17 máis que o mércores tras unha xornada con 145 novos positivos.

Desde o inicio desta pandemia Galicia efectuou 2.544.167  PCR, 8.983 na última xornada, faleceron 2.455 persoas e curáronse 133.336.

SEN CASOS NAS RESIDENCIAS

O balance diario do  Servizo  Galego de  Saúde tamén confirma que non queda ningún caso activo nas residencias de maiores da área sanitaria pontevedresa. Ata o mércores había tres en Campolongo, pero nas últimas 24 horas  negativizaron.