Perfecto Rodríguez, sobre o incendio de Ponte Caldelas: "Buscaban hacer daño"

Ponte Caldelas
05 de setembro 2013

O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, non dubidou un minuto ao afirmar que o lume que arrasou parte do seu municipio foi intencionado. Varias son as razóns que lle levan a esta conclusión, entre outras, a hora á que se iniciou o lume, ao caer a noite cando os medios aéreos xa non poden actuar, e despois o lugar onde se localizaron algúns focos

O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, non dubidou un minuto ao afirmar que o lume que arrasou parte do seu municipio foi intencionado.

Varias son as razóns que lle levan a esta conclusión, entre outras, a hora á que se iniciou o lume, ao caer a noite cando os medios aéreos xa non poden actuar, e despois o lugar onde se localizaron algúns focos. "Buscaban facer dano", denunciou publicamente o rexedor.

Pola súa banda a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, fixo unha chamada á "sensatez da xente" e que contemplen o monte "como unha fonte de riqueza e non como unha ferramenta de destrución".

A conselleira visitou Ponte Caldelas xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Quintana fixo referencia ás chuvias anunciadas para as próximas horas e advertiu que esta circunstancia parece que "animou a máis xente a achegarse, casualmente a partir dás 11 da noite, a moitos núcleos do rural cun certo ánimo de facer dano".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en