Persisten as queixas veciñais polo estado da parte traseira do CGTD

Pontevedra
02 de setembro 2015

Veciños do Camiño Vello de Castela insisten en que "a maleza crece sen control" en varias das parcelas da rúa que son "polo menos en parte propiedade municipal"

Estado da parcela situada no Camiño Vello de Castela
Estado da parcela situada no Camiño Vello de Castela / Pilar Castro

Pouco tempo despois de que o Concello recepcionara a urbanización de Tafisa, unha pequena parcela pegada á parte traseira do Centro Galego de Tecnificación Deportiva segue xerando queixas veciñais.

Os veciños do Camiño Vello de Castela recoñecen que "está moito mellor dende que se fixo cargo o Concello", pero engaden "non volveron cortar a herba e agora volve haber máis malas herbas que céspede".

Estas queixas céntranse na maleza que crece xunto a un descampado "que polo menos en parte é municipal" e que é usado habitualmente como aparcadoiro.

Ademais, aseguran, nesa zona pódense observar ratas, polo que piden que se actúe para poñer fin a esta situación.