Persoal de enfermaría do Hospital Montecelo felicita as festas

Pontevedra
23 de decembro 2017

O plantel de enfermaría do Hospital Montecelo puxo en marcha varias iniciativas para celebrar estas festas no centro hospitalario

Persoal de enfermaría do servizo de Cirurxía
Persoal de enfermaría do servizo de Cirurxía / Sergas

O plantel de enfermaría do Hospital Montecelo puxo en marcha varias iniciativas para celebrar estas festas no centro hospitalario. Así, o persoal de consultas externas emprendeu a campaña "Nadal con mensaxe", mediante a cal os pacientes, profesionais e usuarios poden deixar a súa mensaxe de Nadal e os seus desexos para Aninovo en árbores realizadas con fíos de la.

En total, hai colocados cinco árbores na planta de consultas para adultos e unha para os pacientes pediátricos, na que os pequenos poden colgar os debuxos que realizan na sala de espera.

Por outra banda, na quinta planta do hospital, o persoal de enfermaría do servizo de cirurxía animouse a decorar a unidade con motivos de Nadal feitos a man e a empregalo como escenario para a gravación dun vídeo no que os pacientes ostomizados teñen un papel protagonista.

Cun brindis e cunha canción interpretada polos profesionais, desexaron ao resto de persoal un bo Nadal e feliz 2018.