Persoal de Juan XXIII limpa os accesos aos centros escolares

Marín
05 de setembro 2023

Con motivo do inicio do novo curso durante a vindeira semana, estes operarios desenvolven tarefas de limpeza e de roza nas vías de acceso aos centros de estudo do municipio de Marín

Persoal de Juan XXIII limpa os accesos a centros escolares de Marín Concello de Marín

Operarios do centro de educación especial Juan XXIII desenvolven ao longo desta semana tarefas de limpeza e roza en diferentes vías de acceso aos centros escolares do municipio de Marín en previsión do inicio do curso durante a segunda semana de setembro.

Estes traballos desenvólvense a través do convenio que esta organización mantén co Concello de Marín.

Por outra banda, a concellería de Medio Rural indica que xa se executou o Plan Anual de Rozas, que divide este servizo ao longo do ano en distintos espazos do municipio coa intención de garantir que o rural se atope en boas condicións de limpeza e de eliminación de malas herbas e maleza.

Realizarase, segundo indica o goberno local, un repaso naquelas zonas nas que se detectou máis maleza para que estes espazos permanezan en mellores condicións de fronte ao inverno.

O traballo de limpeza e roza tamén se desenvolve nos montes de titularidade municipal. Este labor realizarase ao longo do mes de setembro cunha intervención xa finalizada no Cruceiro do Vento.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora