Persoal do PAC da Parda denuncia unha nova situación de colapso ao longo deste domingo

Pontevedra
15 de setembro 2019

Afirman que o Punto de Atención Continuada atendeu as urxencias extrahospitalarias na Parda cun médico menos do establecido. Sinalan que por momentos na sala de espera se atopaban 23 pacientes á espera de ser atendidos

Centro de Saúde da Parda
Centro de Saúde da Parda / Gabriela Varela Asorey

O persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda volve amosar a súa indignación. Afirman que este domingo 15, o SERGAS só tiña operativos dous médicos no Centro de Saúde, cando lle corresponden tres para cubrir as previsións de urxencias sanitarias.

Esta situación provocou que se rexistrasen momentos de saturación no servizo, con máis de 23 pacientes na sala de espera agardando para ser atendidos. Ademais, os dous médicos ven obrigados a atender urxencias fose do Centro de Saúde, provocando que as esperas se fagan moito máis longas. Afirman que esta situación está a facerse habitual. Segundo sinala o persoal dos sete días da semana, só en dous o servizo contou cos tres médicos que lle corresponden.

Denuncian tamén que esta mesma situación rexistrouse en Vilagarcía, mentres que no PAC de Baltar tamén se atendeu as urxencias cun só facultativo. Os traballadores dos PACs da área sanitaria reclaman que desde a xerencia se reforce con persoal este servizo.