Persoas de 49 das 50 provincias españolas contan con segunda residencia en Sanxenxo

Sanxenxo
08 de xuño 2020

O Concello de Sanxenxo indica que 11.103 vivendas do municipio son segunda residencia. Os ourensáns posúen 1.730, mentres que os coruñeses 1.597 fronte aos 1.257 de propiedade de mardileños. A única provincia do Estado españo que carece de propietarios en Sanxenxo é Granada

Vivendas en Sanxenxo
Vivendas en Sanxenxo / Frayle

Cando finalice o estado de alarma e as altas temperaturas asomen polas Rías Baixas é probable que residentes en 49 das 50 provincias españolas se trasladen a Sanxenxo para pasar o período estival na súa segunda vivenda. O Concello de Sanxenxo publicou os datos sobre a procedencia dos propietarios das segundas residencias do municipio e a única provincia española que queda fóra da lista é Granada.

En total cuantifícanse 11.103 vivendas de segunda residencia en Sanxenxo. O peso do turismo nacional en Sanxenxo móstrase na listaxe de segundas residencias no que tras Pontevedra, provincia con maior representatividade neste tipo de vivendas, atópase Ourense con 1.730 propietarios, A Coruña con 1.597 e Madrid con 1.257.

A representatividade reflíctese, segundo o goberno local, no número de concellos con veciños que elixiron Sanxenxo para fixar a súa segunda residencia cun total de 556 municipios. A listaxe atópase encabezado pola cidade de Pontevedra con 1.339 vivendas e séguelle Ourense con 1.144, Madrid con 893, Santiago con 713 e Vigo con 456.

Sorprende que 52 familias que residen nalgunha das illas Canarias contan con segunda vivenda na capital do turismo das Rías Baixas. Segundo o goberno local, algúns son nados en Sanxenxo pero que traballan habitualmente en Canarias. Tamén hai 13 propietarios que residen nas illas Baleares, 30 familias andaluzas e 86 familias catalás que se desprazan a 1.200 quilómetros de distancia para pasar os veráns no municipio pontevedrés. 

E a menos distancia, tamén hai persoas, sobre todo da zona do Salnés, que decidiron establecer a súa segunda residencia en Sanxenxo. 160 veciños de Meaño adquiriron vivenda para pasar o verán, seguidos por Cambados con 81 e Vilagarcía con 60.