Petición de Benestar Social á Xunta dunha achega de máis de 2 millóns de euros para programas do Plan Concertado

Pontevedra
04 de abril 2022

Benestar Social solicítalle á Xunta unha achega económica de 2,1 millóns de euros para a execución dos programas desenvolvidos ao abeiro do Plan Concertado. O concelleiro Marcos Rey lembra que estas actuacións corresponden á administración autonómica e que o Concello asume a metade do investimentospangoogle>

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, con alumnas que superaron o curso de SAF
O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, con alumnas que superaron o curso de SAF / Concello de Pontevedra

Este luns a Xunta de  Goberno Local aprobaba unha petición para solicitar á Consellería de Política Social da Xunta unha cantidade de 2,1 millóns de euros para abordar gastos de persoal, prestación do Servizo de Axuda no Fogar e execución de diversos programas de Benestar Social que se executan dentro do Plan Concertado para este 2022.

Tamén se aprobaba a programación elaborada pola concellería de  Benestar Social, que dirixe Marcos Rey, para acometer programas de servizos sociais comunitarios. Este orzamento global ascende a máis de 4,3 millóns de euros. Esta cifra vai repartirse en 1.049.842 euros a persoal; 179.040 para o servizo básico de Axuda no Fogar; 2.440.912 euros para Axuda no Forgar para Persoas Dependentes; e 709.625 euros destinados a programas de información e orientación, aloxamento alternativo, apoio á unidade de convivencia, entre outras actuacións.

Marcos Rey indica que se trata de competencias que corresponden á Xunta de Galicia pero o Concello de Pontevedra asume algo máis da metade destes investimentos do Plan Concertado e, por este motivo, reclama á administración autonómica só un 50% do que "en realidade tería que achegar".

O investimento municipal aprobado para este ano nestes conceptos é de 2.122.351 euros, dividido en 703.902 euros para persoal; 157.555 ao programa básico; 854.319 ao programa de  Axuda non  Fogar para  Persoas  Dependentes; e 406.574 para o resto de programas.

A petición á Xunta é de 345.940 euros para persoal para 21 postos de traballo; 21.484 para programa básico de  Axuda non  Fogar; 1.586.592 euros para o programa para persoas dependentes; e 150.000 euros para outros programas de información e orientación, entre outros.