Os propietarios dunha leira situada no barrio do Gorgullón preto ao río dos Gafos solicitaba unha expropiación por ministerio da lei ao Concello de Pontevedra. Trátase dunha propiedade achegada á zona do Muíño e os donos reclamaban unha cantidade de 2.6669.576 euros por 723 metros cadrados.
Pola contra, despois de analizar os terreos e atender as cuestións lexislativas, o xurado de expropiacións estableceu que a cifra que debe pagar o Concello a estes propietarios é de 14.377 euros, 2.655.199 euros menos do que reclamaban.
Raimundo González, portavoz do goberno local de Pontevedra, indicaba que os terreos atópanse nunha zona rústica e que a valoración se basea nos mismos criterios que se adoptan para as expropiacións necesarias para executar a autovía A-57.
O goberno local entende, segundo Raimundo González, que esta decisión do xurado é pedagóxica porque a administración defende o colectivo por riba dos intereses particulares.