Piden a Lores que tome nota do 20-D e finiquite o convenio taurino

Pontevedra
22 de decembro 2015

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas realizou este martes a súa particular valoración dos resultados do 20-D na cidade de Pontevedra e non dubidou en relacionar a división dos sufraxios coa continuidade do convenio taurino entre o Concello e os responsables da única praza de touros que se mantén en pé en Galicia

Manifestación Touradas fóra de Pontevedra 2015
Manifestación Touradas fóra de Pontevedra 2015 /

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas realizou este martes a súa particular valoración dos resultados do 20-D na cidade de Pontevedra e non dubidou en relacionar a división dos sufraxios coa continuidade do convenio taurino entre o Concello e os responsables da única praza de touros que se mantén en pé en Galicia.

Os abolicionistas pediron ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que "tome nota do destino dos votos este pasado domingo", onde a formación que representa pasou ao quinto lugar de todas as candidaturas que se presentaron, cultivando un 6,46% do apoio cidadán, lonxe do 15% obtido hai catro anos.

Galicia, Mellor Sen Touradas contrapón o despegamento de En Marea, formación que rexeita os festexos de touros, e o apoio de Marea Pontevedra, quen tamén reclamou, xunto co PSdeG, a supresión do acordo da praza de touros. Neste sentido o consistorio renova de forma anual un contrato de uso do coso de San Roque.

O pasado 25 de setembro, e grazas a unha moción de Marea de Vigo e os abolicionistas, a Deputación de Pontevedra aprobou non destinar máis fondos provinciais para corridas de touros. Naquela ocasión o BNG sumou os seus votos, ao revés que no concello de Pontevedra, onde Marea e PSdeG quedaron sólos no seu defensa de rescisión do contrato mentres que PP e nacionalistas apoiaron o convenio.