Piden a posta en valor das Salinas do Ulló e dos humidais

Vilaboa
10 de febreiro 2016

A Asociación Salinas do Ulló manterá un encontro este próximo venres coa Xefa provincial de Costas para expor a ampliación do paseo coa posta en marcha da segunda fase de recuperación da zona e a creación dun centro de interpretación da natureza nesta zona actualmente Espazo Natural Protexido Rede Natura 2000 e declarado en 2001 Lugar de Interese Comunitario

Salinas do Ulló
Salinas do Ulló

A Asociación Salinas do Ulló manterá un encontro este próximo venres coa xefa provincial de Costas para expor a ampliación do paseo coa posta en marcha da segunda fase de recuperación da zona e a creación dun centro de interpretación da natureza nesta zona, actualmente Espazo Natural Protexido Rede Natura 2000 e declarado en 2001 Lugar de Interese Comunitario.

Mediante un comunicado esta asociación cre necesaria a posta en valor destas salinas.

O seu obxectivo tamén é solicitar colaboracion da Facultade de Ciencias do Mar, da Universidade de Vigo, para levar a cabo un proxecto de investigación sobre o proceso de cristalización do sal mariño no século XVII.