Preto dun centenar de veciños da parroquia de Noalla asistiron este xoves á reunión celebrada nas Canteiras para informar do proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns.
Os asistentes mostraron interese pola idea de abrir os xardíns ao público e que sexa unha zona de lecer diario de veciños e visitantes.
A rehabilitación deste pazo ten como obxectivo, ser un museo de todo o patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e botánico non só da parroquia de Noalla, senón tamén de todo o municipio, como pode ser coa incorporación de información relacionada cos castros de Nantes e de Dorrón.
A filosofía principal do proxecto de rehabilitación, que foi redactado por Mario Crecente e Asociados Consultores, é manter as estruturas orixinais do Pazo. En definitiva, non se fará ningún cambio que modifique a estrutura orixinal do edificio.