Piden aos políticos a súa presenza na protesta antitaurina

Pontevedra
26 de xullo 2016

Galicia, Mellor Sen Touradas convida os cargos electos a participar da manifestación e a situar ás súas formacións políticas

Manifestación Touradas fóra de Pontevedra 2015
Manifestación Touradas fóra de Pontevedra 2015 /

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas propuxo este luns que os cargos electos da provincia de Pontevedra participen de forma visible na manifestación convocada o próximo día 13 de agosto por Touradas Fóra de Pontevedra, para comprometer o apoio das súas formacións no fin das corridas de touros na cidade e en Galicia.

Os abolicionistas lembran que durante as protestas da Coruña de 2013 e 2014, participaron deputados, concelleiros e eurodeputados de formacións como BNG, PSdeG e Esquerda Unida, e nestes percorridos tamén tomaron partido futuros cargos, como gran parte dos edís de Marea Atlántica.

Para a coalición é "fundamental" que os cargos electos dean "profundidade" ás protestas coa súa presenza.

Neste sentido Galicia, Mellor Sen Touradas subliña que o apoio político ao proceso contrario á tauromaquia "é cada vez maior e máis plural", e convida ao propio grupo de goberno a "dar o seu brazo para torcer" e participar da convocatoria, ademais da participación de concelleiras de Marea Pontevedra e do grupo socialista.

Os activistas tamén apelan a Cidadáns e a outras candidaturas, como En Marea, para que faciliten a súa participación.