A Fiscalía solicita seis anos e dous meses de prisión para un home que sentará este martes 13 no banco de acusados da sección segunda da Audiencia Provincial como presunto autor dunha agresión a tres mulleres en Barro, aproveitando o transcurso dun permiso penal.
O home está acusado dun delito de lesións, atentado e faltas contra a orde pública. Segundo a Fiscalía, á primeira das vítimas propinoulle unha malleira que lle provocou un traumatismo cranial que lle deixou graves secuelas.
A outra das mulleres lanzoulle un bloque de cemento dentro do coche para presuntamente, a continuación, golpearlle co puño na cara. A terceira vítima sufriu un cabezazo no ollo por parte do presunto agresor, segundo o escrito do fiscal. Posteriormente, o home enfrontouse e terminou golpeando a varios axentes da Garda Civil que interviñeron no suceso.
A sala da Audiencia está reservada para este martes 13 e para o xoves 15.