Pilaf de trigo bulgur e bonito do norte Pescamar

Pontevedra
27 de marzo 2021

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional de Oriente Medio e o Norte de África, onde aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte

Pilaf de trigo bulgur
Pilaf de trigo bulgur

Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" imos elaborar unha receita tradicional de Oriente Medio e o Norte de África, onde aproveitaremos todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.

O bonito do norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados. A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.

O pilaf é un modo tradicional de cociñar o o trigo ou o arroz con hortalizas, carnes ou peixe e con condimentos picantes. A súa orixe sitúase a camiño entre os pobos turco e persa.

Para esta receita usaremos a variedade trigo bulgur, que se obtén a partir da cocción dos grans tenros de trigo, que posteriormente se deixan secar durante varios días e machúcanse ata que fragmentan en anacos máis pequenos. Nas tendas pódese mercar xa preparado.

Para preparar un delicioso Pilaf de trigo bulgur e bonito do norte Pescamar usaremos os seguintes ingredientes:

- 2 vasos de trigo bulgur

- 1 lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 100 gramos de gambas peladas

- 1 cebola

- 2 dentes de allo

- 1 tomate maduro grande

- 1 pemento verde

- 1 pemento vermello

- Aceite de oliva

- 2 culleradas de manteiga

- Sal

- Pementa negra

- Cúrcuma

Preparación:

Lavamos dúas veces o trigo bulgur e escorrémolo.

Á parte, poñemos un chorro de aceite de oliva nunha tixola e sofritimos a lume medio os allos, a cebola e os pementos, todo previamente. Cando empecen a facerse, engadimos o tomate en pequeños anacos e removemos aos poucos.

A continuación, incorporamos o trigo bulgur, cubrimos con auga, subimos o lume e cando empece a ferver baixamos a temperatura media. Engadimos as gambas peladas e deixamos que se cociñe.

Cando o trigo estea no seu punto e a auga evaporada, engadimos a lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar, as dúas culleradas de manteiga que previamente teríamos derretido, o sal, a pementa e a cúrcuma. Mesturamos ata que se liguen todos os ingredientes, tapamos e deixamos repousar uns minutos antes de servir.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora