Pilar Rojo e Tomás Fole recollen as demandas da Unión Federal de Policía

Pontevedra
15 de maio 2017

Unha das principais peticións do sindicato policial é a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción de Seguridade Cidadá en Pontevedra

Deputados do PP reuníronse co representantes da UFP
Deputados do PP reuníronse co representantes da UFP / PP

Representantes da Unión Federal de Policía (UFP) mantiveron este luns unha reunión cos deputados nacionais do Partido Popular de Pontevedra, Pilar Rojo e Tomás Fole, na que analizaron a situación xeral deste colectivo na provincia á vez que lles presentaron unha serie de reivindicacións.

Nesta nova lexislatura e ante uns novos presupostos, os deputados populares consideran que é un "momento óptimo" para presentar unha serie de reivindicacións, nalgún caso históricas.

Entre as principais peticións que desde o sindicato esperan que os deputados nacionais trasladen ao Congreso estaría a creación de unha Unidade de Prevención e Reacción de Seguridade Cidadá (UPR) para Pontevedra, ou a falta de efectivos na provincia ao ser moi baixa a taxa de resposición dos policías que se xubilan.

Fíxose referencia tamén á necesidade de novas infraestruturas e dotación de material, imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade (como por exemplo equipos de protección individual) e mellora en xeral das súas condicións de traballo.

Os deputados valoraron de forma moi positiva a reunión co sindicato e nos próximos días darán traslado de toda esta información para que "pouco a pouco poder solucionar todas estas necesidades que os representantes policiais reclaman".