Pita repite na lista de SAL como alcaldable para Sanxenxo

Sanxenxo
06 de febreiro 2019

A xunta directiva do partido sanxenxino non dubidou en que o tenente de alcalde volvese encabezar a candidatura

Gonzalo Gonzalo Pita
Gonzalo Gonzalo Pita / Mónica Patxot

Gonzalo Gonzalo Pita será por terceira vez o candidato de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL). O alcaldable foi presentado este mércores na sede do partido.

O presidente de SAL, Pablo Trelles, sinalou que "en ningún momento dubidouse de que Gonzalo ía ser o noso candidato".

Pola súa banda, Pita explicou que SAL "foi o único partido que gobernou todo o mandato e tratando de facelo o mellor posible, tomando decisións firmes e sendo útiles, garantindo a estabilidade e antepoñendo en todo momento o interese xeral dos nosos veciños por diante das siglas políticas".