O parque infantil de Médico Ballina, inaugurado recentemente, contará en breve con áreas de sombra, como demandaban os seus usuarios. Será grazas á plantación de trece árbores, doce deles de folla perenne, que case completará a actuación neste equipamento público.
Entre os exemplares que se están a plantar destacan seis ficus nítida (laureis de indias) e un singular brachichito acerifolio ou árbore de fogo, que dará cobertura á parte alta do parque, entre o conxunto no que se atopa a rede e o balancín.
A actuación, que están a executar as firmas Viveiros O Piñeiro e Leisure Gallaeci cun orzamento global de 9.500 euros, tamén contempla a plantación de seis ligustros variegados (ligustrum variegata).
Todas as árbores estarán protexidos con alcorques de caucho amortecedor e permeable, o que facilitará a filtración de auga.
O concelleiro de Medio Natural, Iván Puentes, explicou que plantáronse ficus porque son árbores que "permiten unha manipulación máis sinxela da súa forma para adaptala as condicións das diferentes estacións" e, polo tanto, "cumprir mellor coa súa función principal de achegar sombra".
A maiores, o Concello ten sobre a mesa dous orzamentos de entre 15.000 e 17.000 euros da empresa Setga para dotar ao parque infantil dunha columna de iluminación, que segundo o edil socialista, "fará posible a súa utilización a calquera hora do día".