Pleno comprometido coa igualdade e a sustentabilidade no Concello de Cuntis

Umia
31 de xullo 2020

A Corporación aprobou a incorporación á Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, Rede de Entidades Locais para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e o Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres

Vista aérea de Cuntis
Vista aérea de Cuntis /

Tras a sesión plenaria celebrada este venres no Concello de Cuntis, este municipio entra a formar parte da Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público. Trátase dunha rede de acción institucional creada pola Deputación de Pontevedra na que os concellos participantes comprométense a defender a prioridade das persoas en materia de mobilidade e infraestruturas.

Outra das incorporacións aprobadas corresponde á Rede de Entidades Locais para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, de forma que promoverá o coñecemento e impulsará políticas para aplicación da devandita Axenda no ámbito local. Ademais, neste caso de forma inicial, aprobouse o Plan de Movilidad Urbana Sostible, que en palabras do alcalde Manuel Campos, é un plan importante xa que “establece propostas para actuar a curto e medio prazo en vías de comunicación e espazos públicos para mellorar a calidade de vida da cidadanía, favorecer o medio ambiente, formentar o desenvolvemento económico e a inclusión social”. 

Ademais, saía adiante coa unanimidade dos grupos políticos o cuarto Plan de Igualdade entre Homes e Mujeres que elabora o Servizo Municipal de Atención á Muller. Un documento que establece accións e eixos de actuación concretos para alcanzar a igualdade, así como propostas de avaliación para validar ou corrixir o rumbo futuro. 

Fóra do ámbito da sustentabilidade e a igualdade, a sesión tamén sacou adiante a cesión, libre de cargos, ao Servizo Galego de Saúde, do edificio actual do centro de saúde. Unha cesión que obriga á administración sanitaria autonómica a manter este uso no inmoble durante o próximos trinta anos.