Poda de árbores urbanas, por saúde e seguridade

Pontevedra
04 de abril 2015

A razón pola que se está a realizar esta poda é que as árbores en mal estado deben sanearse, para evitar desprendementos de ramas que serían perigosas para os viandantes en calquera momento de forte aire ou tormenta, e que poderían causar o derrubamento dos brazos de calquera deles

Árbore tallada na rúa Padre Gaite
Árbore tallada na rúa Padre Gaite

Dende a Concellaría de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra estase a acometer a poda das árbores da cidade

A razón pola que se está a realizar esta poda é que as árbores en mal estado deben sanearse, para evitar desprendementos de ramas que serían perigosas para os viandantes en calquera momento de forte aire ou tormenta, e que poderían causar o derrubamento dos brazos de calquera deles.

Para iso, para evitar calquera perigo, estanse a cortar, á vez que se rexuvenecen as árbores, evitando que teñan que ser arrancados completamente.

Durante estes días vaise rematar de podar as árbores cuxa sabia, aínda teña comezado a moverse, non se encontra aínda en pleno crecemento, polo que é o momento axeitado para acometer esta limpeza de ramas. Se esta comezara o mes próximo xa non sería tan recomendable, porque ao encontrarse a árbore xa en pleno crecemento poderían producírselle danos.

Nos últimos días as brigadas municipais e empresas de xardíns traballaron na Avenida Fernández Ladreda, na Alameda, e a rúa Padre Gaite, onde foi necesario tallar unha árbore de gran tamaño fronte ao Pabillón Universitario ante o perigo de derrubamento.