O podcast de corte social en PontevedraViva Radio 'La longevidad' publicará a próxima semana o seu quinto episodio. Nesta entrega mirarase ao SAAD, o Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, xa que o contido incumbe aos coidados e á economía dos coidados en España.
Para iso extráense resultados do recente informe que o Centro Internacional sobre a Lonxevidade fixo públicos, así como o informe anual, tamén moi recente, sobre recomendacións de políticas económicas para España que publicou a Comunidade Europea.
Nos episodios anteriores, os técnicos intervinientes falaron de sociedades lonxevas, edadismo, avances tecnolóxicos e científicos sobre envellecemento, ou o valor de envellecer na sociedade actual. Neles, achegaron máximas de interese como que "ninguén nos ensina a envellecer" e iso non significa falar de cidadáns maiores, senón de "promocionar a saúde desde idades moi temperás".
Quedou patente que o edadismo "non só existe senón que se manifesta de maneira cotiá e transversal afectando a moitísimas áreas" ou que "cando a idade pasa de ser un dato a ser un veredicto, empeza o problema".
No episodio que mirou á ciencia e a tecnoloxía afirmouse que "unha cousa é converter a lonxevidade nun nicho de negocio para vender promesas de rexuvenecemento a quen poida pagalas e outra moi distinta é entender a lonxevidade como unha transformación estrutural que afecta a toda a sociedade, á saúde, aos coidados, á vivenda, ao emprego, á tecnoloxía, á economía, á cultura, ás relacións entre xeracións".
Estes expertos identifican múltiples problemas actuais en relación ás sociedades lonxevas, por exemplo: "cando unha sociedade lle dá as costas á xente maior, dálle as costas á súa memoria. Un dos problemas que ten a nosa sociedade é a falta de memoria social".
Nestes meses achegaron a súa participación José María Failde, presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía; Juan Tomás Martín, director do Centro Internacional sobre o Envellecemento. Miguel Anxo Álvarez, gerontólogo e membro do Grupo Senior da Sociedade Española de Xeriatría e Gerontología. Ana Castro Liz, psicóloga sanitaria, terapeuta de parella e sexóloga. Manuel da Pena é presidente do Instituto Europeo de Saúde e Benestar Social e o doutor en Sociología, José Francisco Durán Vázquez, quen ademais investiga relacións xeneracional e intergeneracionales.
'La longevidad' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).