Podemos Pontevedra advirte que o comportamento medioambiental de ENCE é "pouco fiable"

Pontevedra
27 de setembro 2015

Podemos Pontevedra asegura que o compromiso medio ambiental de ENCE "é máis que cuestionable ", xa que, segundo afirman nun comunicado "os informes e as sentencias firmes sobre a actividade o demostran, e a día de hoxe ninguén garante que vaia cambiar este comportamento e que vaia ser motor económico para a comarca"

Marcos Fontán e Marta Díaz, membros do Círculo Podemos Pontevedra
Marcos Fontán e Marta Díaz, membros do Círculo Podemos Pontevedra / Podemos Pontevedra

Podemos Pontevedra asegura que o compromiso medio ambiental de ENCE "é máis que cuestionable", xa que, segundo afirman nun comunicado "os informes e as sentencias firmes sobre a actividade o demostran, e a día de hoxe ninguén garante que vaia cambiar este comportamento e que vaia ser motor económico para a comarca".

A formación que lidera Pablo Iglesias considera que os responsables da pasteira "non o fixeron no pasado, só fan promesas de futuro. Porén a actual ubicación de ENCE é un freo para o desenvolvemento dun modelo económico sostible da comarca de Pontevedra".

Esta forza política sinala que os investimentos anunciadas polos directivos de Ence "son só unha campaña de imaxe".

Nun comunicado difundido aos medios, Podemos Pontevedra sinala que "ENCE leva anos dicindo que a fábrica deixará de emitir malos cheiros, e os cheiros seguen. Tamén levan anos dicindo que non contaminan, e os estudios da ría e do aire din o contrario. Tamén levan anos dicindo que xeran moito emprego e de calidade, e cada vez traballa menos xente e con peores condicións, e impiden unha explotación da nosa ría sostible económica, social e medioambiental. Tamén din que os produtores de madeira dependen en gran medida da súa actividade, e pagan menos pola madeira que outras industrias".  

Finalmente dende Podemos Pontevedra sinalan que é preciso un "estudo en profundidade das consecuencias da presenza de ENCE na nosa ría e das alternativas máis idóneas para a explotación sostible dos nosos recursos, onde sexan os intereses da cidadanía os que se prioricen e non os intereses políticos e económicos dos consellos de administración das multinacionais".