Poio acomete tarefas de desinfección en Combarro

Poio
01 de setembro 2020

O Concello de Poio reactivará nos vindeiros días a Comisión de Emerxencia da Covid-19 para impulsar un plan de medidas que estea adaptado á nova normalidade e destinado a evitar a expansión do virus e posibles gromos

Tarefas de limpeza e desinfección en Combarro
Tarefas de limpeza e desinfección en Combarro / Concello de Poio

Tal e coma informara a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, os servizos de limpeza do Concello de Poio está a intensificar os traballos de limpeza e desinfección nos lugares máis concorridos do municipio.

É o caso do centro histórico de Combarro un dos espazos máis visitados polos turistas.

O Concello de Poio reactivará nos vindeiros días a Comisión de Emerxencia da Covid-19 para impulsar un plan de medidas que estea adaptado á nova normalidade e destinado a evitar a expansión do virus e posibles gromos.

Entre outras, ademáis de reforzar a limpeza e desinfección en diferentes zonas, en caso de ser preciso, tamén se limitarán os accesos a determinados espazos, segundo avanzou Marga Caldas.