Poio acomete unha reordenación de tráfico na contorna de Anafáns

Poio
05 de maio 2021

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explica que a medida consiste na implantación de sentido único en vías anexas ao ambulatorio

Ordenación do tráfico en Anafáns
Ordenación do tráfico en Anafáns

O Concello de Poio vén de acometer unha actuación na contorna do Centro de Saúde de Anafáns, na parroquia de San Salvador, destinada a mellorar a seguridade viaria na zona e a facilitar o tránsito de vehículos. 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, explica que a medida consiste na implantación de sentido único en vías anexas ao ambulatorio. 

Sinala a concelleira que esta iniciativa desenvólvese logo do "éxito" rexistrado no operativo de tráfico deseñado recentemente para garantir a seguridade durante a campaña de vacinación da covid-19.

A edil do Goberno local sinala tamén que esta medida lévase a cabo tendo en conta as necesidades e peticións de usuarios do Centro de Saúde, así como do propio persoal docente.