Os efectivos da agrupación de Protección Civil de Poio está a facer a entrega de mascarillas vivenda por vivenda en todo o municipio.
Nos últimos días xestionáronse unhas 7.000 unidades, dando prioridade a persoal municipal que traballa en primeira liña, comerciantes, profesionais do sector pesqueiro e maiores de 65 anos.
Ademais, o persoal municipal tamén dispón deste material para garantir a súa seguridade mentres desenvolve tarefas vencelladas a servizos básicos ou seguridade cidadá.
Durante os vindeiros días continuarase co reparto doutras 20.000 mascarillas mercadas a unha empresa especializada.
Por outra banda, o Concello agradeceu aos propietarios do Bar A Seca a doazón dun lote de alimentos, de xeito altruísta, ao departamento de Servizos Sociais. Estes produtos repartiranse entre as familias máis necesitadas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.