Poio incorporará novo equipamento para pavimentación e para limpeza viaria e de praias

Poio
14 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Supón un montante económico que supera os 43.600 euros e que se custeará con fondos do Plan +Provincia da Deputación

Limpeza das praias de Poio
Limpeza das praias de Poio

O Concello de Poio vai incorporar ao seu parque móbil tres novas dotacións que redundarán na mellora da reparación, conservación e limpeza de espazos públicos do municipio.

Este equipamento supón un montante económico que supera os 43.600 euros e que se custeará con fondos do Plan +Provincia da Deputación.

Un dos equipos é de pavimentación en quente que se destinará a bacheado e aglomerado.

Outra das dotacións é un novo equipo de limpeza que supoñerá mellorar cualitativamente o servizo de limpeza viaria e finalmente incorporarase un cazo para recollida de algas que redundará na mellora do acondicionamento das praias do municipio.