Poio lanza un concurso fotográfico para presumir de avós nas redes sociais

Poio
05 de outubro 2020

O certame pon en xogo unha sesión de spa nun hotel de Sanxenxo e a intención da concellería de Benestar Social é conmemorar así o Día das Persoas Maiores

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Mónica Patxot

O Concello de Poio lanza un concurso fotográfico nas redes sociais para conmemorar o Día das Persoas Maiores que tivo lugar o 1 de outubro.

A Concellería de Benestar Social, dirixida por Rosa Fernández, lanza a primeira edición do certame ‘Gábate dous teus avós’, un certame no que as familias deberán enviar as mellores fotos dos seus maiores posando con máscara.

Os interesados en participar só teñen que subir a fotografía ás súas redes sociais cunha pequena descrición e incluír o hashtag #gábatedosteusavós. Está en xogo unha sesión de spa no hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo con merenda incluída. 

O gañador será o que obteña máis likes. O prazo de presentación de fotografías conclúe o 12 de outubro.