Poio mellora a súa ocupación turística respecto ao ano pasado

Poio
18 de xullo 2013

No  que  respecta  á  ocupación  da  primeira  quincena  do  mes  de  xullo  nos establecementos do municipio de Poio rexistrouse unha ocupación  bastante positiva superando en  10 puntos  ós datos acadados o pasado ano nas mesmas datas. O bo tempo  propiciou  o  aumento  das  reservas  nos  establecementos  do  municipio nunha quincena xeralmente frouxa

Vista da ría de Pontevedra desde Combarro
Vista da ría de Pontevedra desde Combarro / Juan Mejuto

O Concelleiro de Turismo de  Poio,  Xosé Luis Martínez Blanco, informou sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación nos establecementos hoteleiros durante a primeira quincena de xullo.

No  que  respecta  á  ocupación  da  primeira  quincena  do  mes  de  xullo  nos establecementos do municipio de Poio rexistrouse unha ocupación  bastante positiva superando en  10 puntos  ós datos acadados o pasado ano nas mesmas datas. O bo tempo  propiciou  o  aumento  das  reservas  nos  establecementos  do  municipio nunha quincena xeralmente frouxa.

As expectativas para esta segunda quincena de xullo son dun 52 %, ainda que son moitos os establecementos que non queren facer previsións, xa que dende fai uns anos  segue  a  crecer  a  tendencia  de  esperar  ata  o  último  momento  para  facer reservas.  Este ano coinciden  na mesma  quincena  dúas  celebracións  importantes  no municipio como son a  XXVI Festa da Ameixa os días  20 e 21 de xullo na localidade de Campelo e a próxima semana en Combarro a XIII Festa do Mar do 24 ao 28 de xullo.

Respecto  ós  visitantes  rexistrados  nas  oficinas  de  turismo  municipais,  nesta quincena  de  xullo  acadouse  a  cifra  de  1100  persoas,  das que un  92 % corresponden a visitantes nacionais e un 8% a visitantes internacionais.

De entre os primeiros destacan os procedentes de Madrid (22,57%),  Andalucía (13,07  %),  Castela  e  León  (12,18%),  País  Vasco  (8,38%)  e  Castela  a  Mancha (7,82%).  En  relación  os  visitantes  internacionais  destacaron  nesta  primeira quincena , os turistas procedentes de Francia , Brasil, Gran Bretaña e Bélxica.

Dende a apertura das oficinas municipais de turismo ata o de agora xa se levan rexistrados 1500 visitantes que preferentemente buscan información dos atractivos turísticos do Concello de Poio e das Rías Baixas en xeral.