Poio porá en marcha un programa para persoas en desemprego

Poio
14 de novembro 2018

Nesta iniciativa se farán titorizacións individuais e colectivas e formacións con compromiso de inserción en empresas, entre outras actividades

Gregorio Agís, na presentación da oferta formativa de Poio para 2018
Gregorio Agís, na presentación da oferta formativa de Poio para 2018 / PontevedraViva

O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Poio, Gregorio Agís, informou da posta en marcha nos próximos meses dun programa para persoas en desemprego que se denominará POIO#INTEGRA.

Nesta iniciativa se farán titorizacións individuais e colectivas e formacións con compromiso de inserción en empresas, entre outras actividades.

O programa ten 100 prazas para determinados colectivos con especiales dificultades de inserción no mercado laboral, e os interesados poden acudir á oficina de emprego a inscribirse para participar no proceso selectivo empregando o código 930 de programas experimentais.

Os interesados que desexen obter máis información poden dirixirse ao departamento de promoción económica na Casa do Concello ou na extensión 1260 e o enderezo electrónico [email protected]